martes, 27 de xuño de 2017

OS XOGOS DE CARLOS CASARES



OS XOGOS DE CARLOS CASARES

Na última semana do curso, os alumnos e alumnas de 1ºESO puideron divertirse cos Xogos de Carlos Casares que crearon no CPI O Cruce de Cerceda. Moitas grazas a Amelia, Marisol, e ás profas do Cruce por deixárnolos. Grazas a Aurora por facer de monitora.


Os xogos están baseados no títulos das obras do autor do Día das Letras Galegas deste ano, Carlos Casares. É o noso xeito de renderlle homenaxe.




Un dos xogos que máis gustou foi construír viraventos para Vento ferido.



















Para A galiña azul tiñan que atopar as diferenzas entre as galiñas de varias páxinas.


O que os entretivo máis tempo foi o xogo de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Tratábase de introducir o maior número posible de laranxas polos buratos dunha árbore que construíu Manu.




Os escuros xogos de Clío consistía en atopar un peluche agachado nun cuarto ás escuras, empregando una lanterna.


En Os mortos daquel verán tiñan que chegar a onde estaba a monitora de costas. Cando se xiraba, tiñan que deterse e facerse os mortos.



Noutro xogo hai que pegarlle a cola a O galo de Antioquía.


 Tamén usamos o xogo das cadeiras para representar Deus sentado nun sillón azul. Gañaba o equipo ao que pertencía o rapaz ou rapaza que quedaba de último na cadeira azul.



Un polbo xigante consistía en sacar a cabeza do polbo do círculo no que estaba. É o xogo da corda, pero neste caso son varias cordas a un tempo.


O máis divertido, Xoguetes para un tempo prohibido no que tiñan que bailar, pero cumprindo unas indicacións para non ser eliminados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario