venres, 3 de maio de 2013

Canto sabes de libros?


CONCURSO LITERARIO. Celebrado desde o 23 de abril ao 2 de maio 2013
 SOLUCIÓNS do concurso  Canto sabes de libros?
1.       De que autor universal celebramos en 2012 o 200 aniversario do seu nacemento? Charles Dickens
2.       Cal foi o primeiro libro da historia impreso nunha imprenta? A Biblia
3.       Por que se escolleu o 23 de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro? Porque Cervantes e Shakespeare morreron o 23 de abril de 1616 (non é exactamente así pero pode valer como resposta simplificada)
4.       Que libro fundamental da literatura galega cumpre 150 anos neste 2013? Cantares gallegos
5.       Que autor levou a Alicia ao país das marabillas e fixo que cruzara un espello? Lewis Carroll
6.       Que autora gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil coa súa novela Donde los árboles cantan? Laura Gallego
7.       Cal é autor de literatura infantil e xuvenil en galego máis premiado? Agustín Fernández Paz
8.       Que autor fixo viaxar aos seus personaxes Da terra á lúa? Jules Verne
9.       Que autor galego recreo o mundo artúrico na selva de Esmelle? Álvaro Cunqueiro
10.   Que autora contemporánea levou ao seu personaxe de Morgana á devandita selva? Begoña Caamaño
11.   Onde se desenvolve a trama da novel Pedro Páramo? Nun cementerio.
12.   Que autor foi o primeiro en introducir o personaxe dun vampiro na súa obra? John Polidori na súa obra O vampiro
13.   En 1913 publicouse un libro dun famoso e prolífico poeta galego. Como se chama este libro? Quen é o seu autor? No desterro. Visións gallegas ; Ramón Cabanillas
14.   Katniss, Peeta e Gale son os protagonistas dunha triloxía literaria moi coñecida. Con que título coñecemos esta triloxía? Os xogos da fame
15.   “Tusitala” significa “contador de historias” en samoano. Así chamaron os samoanos a un escritor escocés autor de dúas das novelas máis populares de todos os tempos. Quen é ese autor? Cal é a súa obra máis coñecida? Robert L. Stevenson, A illa do tesouro
16.   A coroa de Napoleón e The Corunna boats teñen en común un acontecemento histórico. Cal é? A batalla de Elviña
17.   Indica un autor/a de literatura galega e outro/a de literatura castelá que aparezan na prestixiosa lista White Ravens. Consultar o enderezo http://www.childrenslibrary.org/servlet/WhiteRavens
18.   Un dos institutos de Oleiros leva o nome dun famoso escritor galego. Cal é o seu libro máis coñecido? Memorias dun neno labrego
19.   Que escritor castelán utilizou o pseudónimo de Fígaro? Mariano José de Larra
20.   Que autor en castelán foi o autor da primeira novela transmedia? Fernando Marías

Ningún comentario:

Publicar un comentario