martes, 19 de marzo de 2013

Las Leyes de la frontera

Javier Cercas nesta novela presenta un libro de aventuras, dinámico,  de contido social e desde onde se nos ofrece o retrato dunha sociedade que recén saída da ditadura non sabe responder ás diversas inquedanzas de adolescentes que acaban sendo heroes da delincuencia. Polo medio están as relacións amorosas interclasistas, certos valores de liberdade e formas de experimentación por querer probar e saber que poden resultar moi confusos.

A novela ofrece ademais unha viva lingua coloquial ás veces marxinal a carón de diferentes narradores que van conformar un mosaico plural e enriquecedor. O libro son catrocentas páxinas que se devoran nunha saborosa fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario